Publicamos el comunicado de la consellería de sanidad en la que se justifica el retraso en el proceso de vacunación, que esperamos se solucione lo antes posible.
Bos días,
O motivo deste correo electrónico é aclarar certas incidencias que se están a producir cas listaxes de persoal do seu Colexio Profesional.
Os listados son xerados dende a Secretaría Xeral. Cando son remitidos por parte do Colexio, son revisados e se lles xera o código CIP de tarxeta sanitaria co fin de que as listaxes se envíen completas ás áreas sanitarias.
O listado enviado por ese colexio o día 25 de febreiro foi revisado o día 1 de marzo e asináselle o CIP mencionado anteriormente. Nestes momentos estamos a recibir máis de 100 listados semanais de diferentes colexios e colectivos o que fai que sexa necesario reaxustar a vacinación co escaso número de vacinas que temos.
Alén diso, estamos vacinando a maiores de 80 e tamén a persoal sociosanitario das residencias da terceira idade (de nova incorporación ou que non puderon ser vacinados na primeira quenda) e ós propios residenciados nos mesmo termos que ó persoal (novas altas ou que non puderon ser vacinados).
Por todo isto, quero transmitirlle ós seus colexiados que están incluidos nas listaxes e serán vacinados no menor tempo posible pero nestes momentos co escaso número de vacinas que temos e con tantos colectivos que se están a vacinar (médicos, enfermeiras, psicólogos, fisioterapeutas, maiores de 80, policía nacional, policía local, bombeiros, garda civil,…) estamos a plantexar a vacinación na medida que as posibilidades o perimten.
Tan pronto se remitan os listados para o chamamento, comunicareillo por esta vía.
Un saúdo,
Alberto Fuentes Losada
Secretario Xeral Técnico da Consellería de Sanidade
Xunta de Galicia