Os enviamos un comunicado de la consellería de sanidad, en el que se especifica la actitud clínica ante un caso sospechoso o diagnosticado de COVID.
Incluye además un protocolo específico para aquellos sanitarios del medio público o privado sospechosos de contagio o que precisen ingreso hospitalario.
Comunicado Consellería
Casos que non precisan ingreso hospitalario

  • Os casos sospeitosos manteranse en illamento no seu domicilio en espera do resultado da PCR.
  • Se o resultado da PCR é positivo ou non concluínte, manterase o illamento ata que pasen tres días dende a resolución da febre e do cadro clínico cun mínimo de 10 días dende o inicio dos síntomas.
  • Se o resultado da PCR é negativo, levántase o illamento.
  • O mesmo criterio empregarase para as persoas que viven nunha residencia.

Casos que precisan ingreso hospitalario
Poderán recibir a alta hospitalaria se a súa situación clínica o permite aínda que a súa  PCR siga sendo positiva, pero deberá permanecer en illamento domiciliario con seguimento da súa situación clínica polo menos 14 días dende a alta hospitalaria, sempre que transcorresen tres días desde a resolución da febre e o cadro clínico.

  • Se antes de transcorridos os 14 días de illamento dende a alta hospitalaria se realizase unha  PCR cun resultado negativo, poderase  levantar o illamento.
  • En caso de ter a última  PCR negativa no momento da alta hospitalaria e non presentar síntomas respiratorios nos tres días previos, non será necesario o illamento no domicilio.

Personal sanitario
Os que non precisen ingreso hospitalario:
os casos sospeitosos serán manexados da mesma forma que a poboación xeral en canto ao illamento. Se o caso se confirma, para a reincorporación ao seu posto de traballo será necesaria a realización dunha PCR, ademais da resolución de síntomas polo menos 3 días antes. No caso de que sexa negativa, o profesional reincorporarase ao seu posto de traballo; no caso de que siga sendo positiva, o traballador non poderá reincorporarse ao seu posto de traballo e daráselle unha nova cita para repetir a  PCR.

  • Os que precisen ingreso hospitalario:

o seu illamento manexarase como na poboación xeral, tanto para considerar o fin do illamento como para a súa reincorporación á actividade laboral.

X