julio, 2021

06jul(jul 6)06:0009(jul 9)06:00XXIV Avances en Ciencia e Tecnoloxía

Detalles del evento

“Avances recentes no coñecemento do cancro: Bases moleculares e aplicacións á clínica”

Coordinador:
Dr. Xosé R. Bustelo
• Vicedirector do Centro de Investigación do Cancro de Salamanca
• Membro da Presidencia da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro
• Académico Correspondente da Real Academia Galega de Ciencias

Entidade promotora:
Real Academia Galega de Ciencias

Propósito do ciclo:
O ciclo de conferencias quere dar unha panorámica xeral sobre os avances recentes no cancro cun carácter altamente divulgativo. Darase información recente sobre técnicas e mecanismos moleculares que median a orixe, progresión e respostas clínicas do cancro. Asemade, ofrecerase unha visión de como estes avances teñen un traslado importante á práctica clínica no ámbito do diagnóstico, tratamento e o desenvolvemento da medicina personalizada.

Os ponentes son científicos de alto recoñecemento nacional e internacional que están a traballar en Galicia ou en España actualmente. Tamén participarán na táboa redonda representantes dos pacientes.

Registro aquí

Más

Hora

6 (Martes) 06:00 - 9 (Viernes) 06:00

Localización

Salón de actos Pazo de San Roque.